A Dirección Xeral da Función Pública remitiu os buzóns de postos dispoñibles para a súa consulta e alegacións.
Os documentos conteñen:
- Prazas a incluír na OPE extraordinaria 2022.
- Tamén para a súa revisión, prazas que serán obxecto de cobertura noutros procesos de selección e provisión en curso e non formarán parte da devandita oferta de emprego extraordinaria.
Buzón 1:
- Inclúe os postos ocupados ininterrompidamente (*) e con toma de posesión con anterioridade ao 01/01/2016 (<01/01/2016).
- Figuran tanto os postos adxudicados no concurso F0219 por estaren pendentes de toma de posesión dos seu titulares, así como aqueloutros ofertados e convocados en procesos selectivos e pendentes da súa resolución definitiva.
- Total 4.098 postos
Buzón 2:
- Inclúe os postos ocupados ininterrompidamente (*) e con toma de posesión entre os anos 2016 e 2017: (>=01/01/2016<01/01/2018).
- Figuran tanto os postos adxudicados no concurso F0219 por estaren pendentes de toma de posesión dos seu titulares, así como aqueloutros ofertados e convocados en procesos selectivos e pendentes da súa resolución definitiva.
- Total 206 postos
Buzón 3:
- Inclúe aqueles postos ocupados por persoal indefinido non fixo que polas súas características especiais non están incluídos nos buzóns 1 e 2.
- Total 50 postos
Nota (*):
Ininterrompidamente: A estes efectos de documentos de traballo entenderase ata un máximo de 3 meses sen ocupación.
Entes instrumentais:
Achéganse dous arquivos excel:
- Un arquivo relativo ao Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar
- Outro arquivo relativo aos restantes entes instrumentais fundamentalmente sociedades e fundacións. Non se inclúen postos de Expoourense, Fundación Semana Verde de Galicia, Fundación Pública Artesanía de Galicia e Xesgalicia por comunicar que non teñen postos que incluír.
E a efectos informativos achégase outro arquivo excel que recolle as prazas convocadas e que polo tanto non poden formar parte desta oferta extraordinaria (986 prazas)
Criterios comúns empregados na elaboración dos distintos buzóns de postos:
- Teñen que estar ocupados: a data do 30/12/2021
- Son postos con forma de provisión: Concurso e Concurso específico.
- Postos das relacións de postos de traballo (RPT)
- Postos vacantes, ocupados por persoal interino, temporal ou indefinido (SAI01.- SERVICIO ACTIVO DE INTERINOS, SAI02.- SERVICIO ACTIVO LABORAL TEMPORAL, SAI03, SAI04, SAI05, SADI1, SADI2.- SERV.ACTIVO LABORAL INDEFINIDO NON FIXO).
- Recolle os postos da disposición transitoria décima 1ª e 2ª parte do V Convenio Colectivo
- Instrucións para realizar as alegacións polas organizacións sindicais. Indicarán e estarán ao seguinte:
Data límite de presentación de alegacións: 5 de maio de 2022
PODES FACER CHEGAR AS TÚAS CONSULTAS AOS SEGUINTES ENDEREZOS ELECTRÓNICOS:
autonomica.coruna@ugt-sp.ugt.org
autonomica.lugo@ugt-sp.ugt.org