Sectores

Buzon Postos elección destino: Axentes de inspección, especialidade de vixilancia de estradas (PI) e Corpo facultativo superior A1, escala de ciencias, especialidade de química (Estabilización 16/12/2021)

A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal fainos chegar a seguinte información:

Buzón de postos para a elección de destino correspondente ao proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, da escala de axentes de inspección, especialidade de vixilancia de estradas.

Buzón de postos para a elección de destino do corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidade de química, acceso libre e estabilización do proceso selectivo convocado por resolución do 16 de decembro de 2021.

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.