Sectores

Baremo dos Procesos Selectivos da Lei 20/2021


O xoves pasado tivo lugar unha xuntanza das Organizacións Sindicais coa Dirección Xeral da Función Pública, para tratar as alegacións ao primeiro borrador de baremos dos procesos ligados á Lei 20/2021, que se desenvolverán a través da OPE extraordinaria aprobada pola Xunta para o ano 2022.

A DXFP indicou que se remitiría hoxe luns un novo borrador modificando determinadas cuestións, logo de analizar as alegacións recibidas das OOSS. A nova proposta que remitiu hoxe só trata os baremos, non as bases xerais, que tamén se quedara de remitir e que non nos foi enviado.

As cuestións novidosas do novo documento, son:

Concurso – Oposición:

  • Fase de oposición:

    • Nos subgrupos C1, C2 e na AP haberá un único exercicio. Sen prexuízo da proba (agudeza visual etc.) das escalas ou categorías que esixen determinadas condicións físicas para o desempeño do posto de traballo. Tamén comentou que os exames dos subgrupos A1 e A2, serían un máximo de dúas probas, non tipo test. UGT solicitou a posibilidade de que se simplificaran temarios e as contestacións negativas non restarán puntuación.

  • Fase de concurso: (méritos)

    • Méritos profesionais: Ata un máximo de 32 puntos. UGT solicitou que se puntúe toda a experiencia das persoas, tamén distinta categoría, cun ratio de puntuación menor á da mesma categoría.

    • Outros méritos:

    • Ata un máximo de 8 puntos. Valorando:

      • Cursos de formación, engaden:

        • Escola Galega de Administración Sanitaria (FEGAS)

        • Axencia Galega de Coñecemento en Saúde (ACIS).

        • Cursos impartidos por unha Consellería da Xunta de Galicia.

        • Cursos impartidos polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar ou outros entes instrumentais convocantes do proceso selectivo.

        • Cursos impartidos por Universidades.

        • 0,015 puntos cada hora de formación, con puntuación máxima de 5 puntos. (333 hs de formación).

        • UGT solicitou unha distinción nas puntuacións entre docente e discente

      • Medidas de conciliación:

        • Engaden que a puntuación por este epígrafe será para aquelas persoas aspirantes que estean gozando ou gozasen antes do remate do prazo de presentación de solicitudes.

Concurso:

    • O exercicio de lingua galega será previo e eliminatorio.

    • Deberán superar as probas que correspondan para acreditar as condicións físicas esixidas para o desempeño do posto de traballo (por exemplo, proba de agudeza visual).

  • Autoavaliación:

    • Aquelas persoas aspirantes na súa solicitude cumprimentaran un impreso de autoavaliación, indicando os méritos que consideren avaliables, de modo que o sistema de inscrición no proceso outorgará automaticamente unha puntuación inicial resultante do cómputo dos referidos méritos.

En función do número de prazas convocadas e as puntuacións obtidas na avaliación inicial, avaliaranse nun primeiro momento unicamente aquelas solicitudes que dada a súa puntuación sexan susceptibles de obter unha das prazas en aras de axilizar o proceso.

A estes efectos considerase que o número mínimo de solicitudes a avaliar será do dobre das prazas convocadas.

  • Méritos:

    • En experiencia profesional, non hai variación. UGT considera que é imprescindible garantir as peculiaridades dos postos das entidades instrumentais, mediante a articulación dun coeficiente multiplicador que realmente serva para puntuar a experiencia concreta destes colectivos.

    • UGT solicitou que se puntúe toda a experiencia das persoas, tamén distinta categoría, cun ratio de puntuación menor á da mesma categoría.

    • Outros méritos:

      • Formación: UGT solicitou unha distinción nas puntuacións entre docente e discente Cursos de formación:

        • Mesmos engadido que no concurso do proceso de concurso-oposición.

        • A puntuación máxima será de 15 puntos (500hs de formación).

      • Nova redacción ao apartado de probas selectivas:

        • Pola superación de exercicios ou probas de procesos selectivos finalizados nesta Administración en convocatorias para o acceso á mesma escala ou categoría profesional ata un máximo de 10 puntos, 5 puntos por exercicio ou proba superada.

      • Nova redacción ao apartado de inclusión en listas:

        • Por estar inscrito nas listas de contratación temporal elaboradas ao abeiro Decreto 217/2003, do 11 de abril ou do Decreto 37/2006, do 2 de marzo ou das listas do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar ou de calquera outra lista de contratación temporal da entidade ou da Administración contratante e ter prestado servizos ao abeiro das mesmas na escala ou categoría profesional: 5 puntos.

      • Conciliación: mesma redacción que a da fase de concurso do proceso de concurso-oposición.

  • Criterios de desempate (novo):

1º.- En caso de infrarrepresentación do sexo feminino na categoría, corpo ou escala correspondente. O empate resolverase a prol da muller.

2º.- Pola maior antigüidade de servizos prestados na escala ou categoría profesional que se convoque.

  • Engadido sobre medidas de desenvolvemento dos procesos:

Adoptaranse as medidas necesarias para acadar a maior axilidade e simplificación das probas da fase de oposición e a articulación destes procesos selectivos que, en todo caso garantirá o cumprimento dos principios de libre concorrencia, igualdade, mérito, capacidade e publicidade.

Quedaron en enviar, e de momento non chegaron, as listaxes de:

  • Entes Instrumentais que serán convocados por Función Pública separado doutro no que aparecerán os convocados polos propios entes.

  • Buzón de prazas de Entes Instrumentais

As nosas alegacións ao primeiro documento podes descargalas no seguinte enlace:

ALEGACIÓNS UGT AO PRIMEIRO DOCUMENTO DE BAREMOS DOS PROCESOS LEI 20/2021

UGT explicou e defendeu na reunión as alegacións rexistradas. A administración referiu que ten liñas vermellas pero que continuará o proceso negociador sobre algúns aspectos, nos que podería modificar a súa posición a partir do mes de setembro.

Acceso ao novo borrador no seguinte enlace

BORRADOR CRITERIOS CONCURSO OPOSICION CONCURSO 29072022

Podes remitir as túas achegas ATA O 5 DE SETEMBRO aos seguintes enderezos:

sindicato-uxt@xunta.gal

uxt.sancaetano@xunta.gal

 

 

INFORMA-T

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.