Sectores

📢 BOLETÍN INFORMATIVO: XVI CONVENIO DE DISCAPACIDADE 📢

UGT Ensino publica un resumo práctico dos teus dereitos, condicións laborais e melloras económicas no sector.
Coñecer o convenio é o primeiro paso para defendelo!

🔗 ENLACE AO DOCUMENTO COMPLETO (PDF)

Aquí tes as claves principais que recolle o documento:

⏰ Xornada e Horarios
Atención Especializada e CEE: Máximo de 1.720 horas anuais (media de 38h e 30 min semanais).
Educación Especial: 1.250 horas para persoal docente (máx. 850h lectivas), 1.545 horas para persoal complementario e 1.720 horas para PAS.

📅 Vacacións
Atención Especializada e CEE: 25 días laborables, preferentemente no verán, con opción de coller 3 días soltos.
Educación Especial: O persoal docente ten 1 mes de vacacións + 1 mes adicional sen actividade (retribuídos).

🤒 Incapacidade Temporal (IT)
Melloras nas baixas: 100% de retribución ordinaria na primeira baixa por enfermidade común.
Complemento empresarial ata o 100% en caso de accidente laboral ou enfermidade profesional.

💼 Retribucións e Complementos
Desenvolvemento Profesional (CDP): Tres niveis de carreira profesional adicionais (N1: 9,2%, N2: 7,2% e N3: 2,75% do salario base) vinculados a horas de formación.
Melloras adicionais: Regúlanse os complementos de nocturnidade, traballo en festivos, dirección, coordinación e solapamento do SMI.

📋 Permisos Retribuidos e Conciliación
Matrimonio / Unión de feito: 15 días naturais.
Accidente ou enfermidade grave de familiares (ata 2º grao): 5 días laborables.
Consultas médicas e reunións escolares: Ata 20 horas anuais retribuidas.
Permiso por nacemento e coidado: 19 semanas para familias biparentais e 32 semanas para familias monoparentais.

✊ ¡Infórmate, organízate e defende os teus dereitos!

📲 Tes algunha dúbida coa túa nómina ou o calendario laboral? Contacta con nós.

Imagen de UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.