A medida, vinculada ao IPC harmonizado de finais de setembro, e contemplada no Acordo Marco para unha administración do século XXI asinado polo Goberno, UGT e CCOO é xa unha realidade que segue contribuíndo a amortecer o peso da inflación sobre os salarios do sector público e administracións.
Este 0,5% súmase ao incremento fixo do 2,5% desde xaneiro de 2023 que estipulaba o Acordo, que recolle para 2023 unha segunda subida variable do 0,5% que se cobrará se o PIB nominal en 2023 supera o previsto polo Goberno.
Para o ano que vén os empregados e empregadas públicas teñen asegurado un aumento fixo do 2% máis unha 0,5% variable que se cobrará se o IPC harmonizado de 2022, 2023 e 2024 supera o 8%. Cobrarase con carácter retroactivo e é consolidable.
UGT-Servizos Públicos empraza á Xunta de Galicia, ao SERGAS, a Ensino e entidades locais, a implementar o incremento salarial cos efectos retroactivos dende o 1 de xaneiro, xa nas nóminas de outubro.