A Secretaría Xeral técnica da Consellería do Medio Rural envía as bases do proceso selectivo para a elaboración de listas de contratación de Bombeiro/a Forestal Xefe/a de Brigada e Bombeiro/a Forestal condutor/a de motobomba, unha vez esgotadas todas as persoas en disposición de ser chamadas na lista elaboradas no marco do DECRETO 37/2006, de 2 de marzo, polo que se regula o nomeamento de persoal interino para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a funcionarios e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia.
(As Bases de Xefes de Brigada foron actualizadas logo de terse detectado un erro no Anexo I)