Sectores

Axuda no fogar. Xuntanza no Consello de Relacións Laborais.


Despois da xuntanza mantida o venres día 9 no Consello Galego de Relacións Laborais pola negociación do Convenio Colectivo, gustaríanos contarvos as novidades da xuntanza pero lamentablemente non tivemos NINGUNHA NOVIDADE.

A patronal chegou con parte das ofertas plantexadas o 11 de maio e RECHAZADAS POLAS DÚAS CENTRAIS SINDICAIS ASISTENTES Á REUNIÓN, CCOO e UGT, deixando atrás algunhas das cousas xa ofertadas no seu momento. UNHA PROPOSTA MAÍS REGRESIVA QUE A ANTERIOR.


Pasamos a enumerarvos o ofertado:

• 6,5% de suba salarial para 2022 con abono de atrasos á firma de convenio.

• Suba progresiva do prezo da kilometraxe de 1 céntimo/ano do 2023 ao 2026, quedando en 0,22 no ano 2026.

• Para novas licitacións suba do 1% no 2023, 1% 2024, 1% 2025, 1% 2026.

Creación dunha nova paga para novas licitacións pola seguinte cuantía: 25% de salario base no 2023. 50% de salario base no 2025, 75% de salario base no 2025 e 100% no 2026, onde quedaría consolidado como salario base en tablas.

Xornada: baixada progresiva para novas licitacións de 11 horas anuais excepto no 2026, que serían 12 quedando en 1710 a final do período.

Licenzas: están dispostos a mellorar a licenza por hospitalización e por acompañamento de fillos e persoas dependentes.

• Crear un plus de gardas de 70 euros.

 

Dende CCOO e UGT non entramos a valorar ofertas DESCARTADAS POR INSUFICIENTES, si que comunicamos que estaríamos en calquera xuntanza que sirva para achegar posturas e levar ao sector de AXUDA NO FOGAR a LOGRAR OS TAN NECESARIOS CAMBIOS E MELLORAS DE CONVENIO.


A vindeira xuntanza será o 20 de setembro ás 10:00.

 

SEGUIMOS ADIANTE COA FOLGA DO 15 DE SETEMBRO, CON MANIFESTACIÓN EN SANTIAGO DE COMPOSTELA ÁS 11:00.

 

Percorrido manifestacion:

Inicio: 11:00h, Rúa Miguel Ferro Caaveiro (Edificio dos sindicatos). Santiago de Compostela.

A continuación a manifestación avanzará pola avenida de San Lázaro e avenida do Camiño Francés, rodeando a Praza de España para coller dirección hacia San Caetano.

Chegada á Consellería de Política Social (Edificio administrativo Xunta).

Calculamos este percorrido en 60 minutos, cunha previsión de participación de entre 600 a 800 persoas. Haberá un servizo de orde con cargo ás organizacións convocantes.

 

 

AXUDA NO FOGAR 1

 

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.