Sectores

Auxiliar de enfermaría (ope 2017): Elección de destino provisional quenda de promoción interna


Finalizado o proceso selectivo, pola quenda de , na de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, e acreditado o cumprimento dos requisitos polas persoas aspirantes que o superaron, publicase hoxe en DOG, a Resolución que convoca para a . A elección de destino será mediante tramitación electrónica.

  • Anexo I:
    • Relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo convocadas á elección de destino.
  • Anexo II:
    • Os postos ofertados e os requisitos exixidos para a súa ocupación.

 PROCEDEMENTO:

  • Acceso á aplicación informática para a elección de destino:
    • Función Pública remitirá ás persoas aspirantes un correo electrónico co usuario e a clave de acceso á aplicación.
    • No prazo máximo de 3 días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no DOG.
    • No suposto de que non recibise correctamente o seu usuario e clave, deberá poñerse en contacto co servizo informático de Función Pública, (881 99 98 83), para que se lle faciliten os datos necesarios.
    • Transcorrido o prazo anterior, abrirase un prazo de 10 días hábiles para que seleccionen telematicamente, a través do sistema electrónico, os destinos ofertados por orde de prelación.
    • A elección de destinos deberá realizarse a través do sistema electrónico a que se poderá acceder a través da páxina web da Dirección Xeral da Función Pública funcionpublica.xunta.gal, seguindo a ruta «Función pública»–«Procesos selectivos»: https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos
  • Selección de destinos, proceder da seguinte forma:
    • Accederá ao seu expediente electrónico.
    • A persoa aspirante deberá, en primeiro lugar, elixir entre as opcións:
      • Escoller posto
      • Renuncia
      • Solicitude de excedencia
    • De elixir a opción «Renuncia»:
      • Deberaa presentar por escrito no rexistro da Xunta de Galicia.
      • A persoa aspirante que exerza esta opción quedará excluída do proceso e decaerá no seu dereito a ser nomeada persoal laboral fixo da categoría a que accede.
    • De elixir a opción «Solicitude de excedencia»
      • Deberaa presentar por escrito no rexistro da Xunta de Galicia.
    • A continuación, a persoa aspirante seleccionará, por orde de preferencia, os destinos que se ofertan.
  • Ás persoas aspirantes que:
    • Non presenten a súa solicitude de elección no prazo sinalado, ou
    • Seleccionen un número de prazas inferior ao da posición que ocupan no proceso e non se lles adxudique ningún destino ou
    • Non presentasen a súa solicitude no xeito previsto nesta resolución

Seranlles adxudicados en destino provisional os postos que lles correspondan atendendo á orde de publicación destes e ao número obtido no proceso selectivo, unha vez concluído o proceso de adxudicación dos postos ás persoas aspirantes presentes ou representadas, entre os que quedasen sen adxudicar.

SOLICITUDE DE EXCEDENCIA:

  • As persoas aspirantes poderán solicitar ser declaradas en excedencia voluntaria por incompatibilidade
  • Deberase manifestar por medios electrónicos e, no mesmo prazo previsto no parágrafo terceiro
  • A esta solicitude deberán achegar unha copia da última orde de prelación dos postos ofertados e seleccionados debidamente asinada.

ADXUDICACIÓN DE DESTINOS AUTOMÁTICA:

  • Finalizado o prazo para a elección de destinos, a aplicación efectuará a adxudicación automática:
    • en función do grupo e categoría a que se accede e
    • da orde de prelación acadada por cada persoa aspirante no seu proceso e
    • atendendo á orde de preferencia na selección de destinos efectuada por esta.
  • A adxudicación provisional de postos resolverase mediante resolución da consellería competente en materia de función pública e publicarase no DOG.
  • As persoas aspirantes nomeadas persoal laboral fixo e adxudicatarias provisionais dos postos de traballo relacionados nesta resolución disporán do prazo dun mes para tomar posesión do seu destino, desde o día seguinte ao da publicación no DOG.
  • As persoas aspirantes que obteñan un destino provisional deberán optar ás prazas que se oferten na elección de destino definitivo.

INFORMACIÓN PARA O USO DA APLICACIÓN INFORMÁTICA:

Estará á disposición das persoas aspirantes na páxina web da Dirección Xeral da Función Pública funcionpublica.xunta.gal: https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos

Enlace á Resolución:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210302/AnuncioG0597-220221-0002_gl.pdf

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.