Sectores

Aumento salarial do 1,5% adicional para 2022 con efectos retroactivos a 1 de xaneiro


  • Aplica o Acordo estatal de incremento xeral ao persoal empregado público.
  • Incremento entre decembro de 2021 e xaneiro de 2023 será do 6%.
  • A primeira vez que se revisa con retroactividade un incremento xeral.
  • Amortece a perda de poder adquisitivo e se debe acompañar de outros incrementos salariais en retribucións complementarias en cada administración e de recuperación de dereitos.

 

Fragmento do texto publicado no BOE de hoxe 19 de outubro de 2022:

Medidas relativas á retribución do persoal ao servizo do sector público e á protección das persoas traballadoras temporais agrarias afectados pola seca.

Artigo 23. *Aumento salarial adicional do persoal laboral do sector público para o ano 2022.*

 

1. Ademais do disposto nos capítulos I e II do título III da Lei 22/2021, do 28 de decembro, dos Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2022, e demais preceptos concordantes, con efectos desde o 1 de xaneiro de 2022* as retribucións o persoal ao servizo do sector público experimentará un incremento adicional do 1,5 por cento respecto ao vixente a 31 de decembro de 2021.*

2. Este incremento adicional realizarase nos mesmos termos previstos no artigo 19.Dous, e seguirase as seguintes regras:

 

1.a Aplicarase sobre as retribucións vixentes o 31 de decembro de 2021, de xeito que *a suma de ambas as dúas consolidará,* en todo caso, un incremento retributivo global máximo para o exercicio 2022 do 3,5 por cento.

2.a *Materializarase na nómina do mes de novembro de 2022*, aboando como atrasos o incremento correspondente aos meses de xaneiro a outubro do presente ano.

3.a *No ámbito das comunidades autónomas e das entidades locais, o pagamento terá que realizarse antes do 31 de decembro de 2022 e, en todo caso, antes do 31 de marzo de 2023.*

 

*Máis información na súa sección sindical UGT*

 

 

UGT Informa T descargas

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.