https://ventajas.atlantis-seguros.es/ugt/index.html

https://ventajas.atlantis-seguros.es/ugt/index.html

 

ATLANTIS é o servizo asegurador do teu sindicato.

 

O seu obxectivo é proporcionar ao propio sindicato e a toda a afiliación seguros e asesoramento profesional, coa mellor relación calidade/prezo e un firme compromiso ético e solidario.

 

Seguro de accidentes colectivo gratuíto para afiliados e afiliadas de UGT. Cobre o falecemento por calquera tipo de accidente, incluído o infarto se é declarado como accidente de traballo. Capital asegurado: 9000 € para os afiliados/as cunha antigüidade igual ou superior a 1 ano. (Non fai falta adherirse de maneira individual)

GRATIS! Multiplica X2 o capital desta póliza a través do formulario en liña.

 

Seguro colectivo gratuíto de defensa penal, con perda de emprego e soldo como consecuencia dunha sanción administrativa. Cobertura gratuíta para todos os afiliados/as á FeSP-UGT. (Non fai falta adherirse de maneira individual)

 

Seguro de accidentes gratuíto para delegados e delegadas sindicais. Cobre o falecemento por calquera tipo de accidente no desenvolvemento da actividade sindical, incluído o infarto de miocardio. Extensible aos candidatos e candidatas durante o proceso electoral e mentres dure o seu mandato. Capital asegurado: 6.010 €, compatible coa cobranza do capital do seguro colectivo de accidentes para afiliados/as. Infórmate aquí.

 

ATLANTIS ten o selo EthSI, que certifica o cumprimento de criterios de orientación ética, solidariedade e responsabilidade social

.

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.