Sectores

Asinamos o Plan de Igualdade de URBASER


Achegamos o plan de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes de saneamento do grupo de empresas de Urbaser, asinado pola nosa Federación xunto á federación de CCOO do Hábitat.

 

Na negociación deste Plan de Igualdade o noso sindicato tivo presente en todo momento o compromiso coas políticas de igualdade no ámbito laboral. Sendo moi conscientes de que os Plans de Igualdade teñen que valer para estreitar a desigualdade existente en todos os ámbitos do traballo.

 

Para reverter estas situacións de discriminación é necesario o compromiso e implicación de toda a sociedade. É por iso, que desde a UGT entendemos capital a celebración deste tipo de acordos, así como da implementación daquelas políticas ou medidas que nos permitan avanzar neste campo. Nas reunións de negociación celebradas ao longo dos últimos anos, puidemos concretar unha batería de medidas que actúen de maneira eficaz e efectiva; un acordo que non quedan en meras palabras. Trátase de compromisos con obxectivos concretos que afectan ao conxunto da empresa, para lograr algo que xa é incuestionable: o dereito da metade da poboación ás mesmas oportunidades e beneficios. Neste senso, os obxectivos e medidas e indicadores do Plan de Igualdade son a consecuencia do analizado no diagnóstico de situación da empresa nas distintas actividades, polo que queremos resaltar, entre outras, a medida máis significativa:

 

As persoas traballadoras dispoñerán dun permiso de 6 horas anuais retribuídas, para acompañar a menores de doce anos ou persoas dependentes de primeiro grao ao seu cargo.

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.