ASINADO O ACORDO DA XUBILACIÓN PARCIAL

UGT-SP e outras OOSS asinamos (na mañá de hoxe, 12 de decembro) o ACORDO DA XUBILACIÓN PARCIAL do profesorado incluído no réxime de pago delegado dos centros privados concertados de Galicia.

O Acordo é produto de intensos meses de reunións, reivindicacións e mobilizacións, e detalla as condicións específicas para o acceso á prestación.

Como xa informamos previamente, dende o momento no que se publique no DOG, as persoas interesadas poderán solicitar a XP ata 2 anos antes da xubilación ordinaria, con 3 fiestras de acceso nos meses de xaneiro (1 de febreiro no caso do 2026), abril e setembro. O xubilado parcialmente reducirá nun 72% a xornada de traballo (18 horas lectivas semanais).

Imagen de UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.