Na reunión da Mesa Negociadora do XII Convenio Colectivo de ámbito estatal de centros de asistencia e educación infantil, celebrada o 31 de marzo, convocada para dar cumprimento á Disposición final quinta e a aplicación da Disposición transitoria novena, as organizacións patronais manifestaron que nos ían a enviar unha proposta por escrito de revisión de táboas salariais non homoxénea para todas as categorías, dos Centros de Educación Infantil de xestión directa e aos Centros pertencentes ás antigas obras sociais, propias de carácter docente sen fins lucrativos e de Caixas de Aforros.
UGT Servizos Públicos, reiteramos o xa manifestado na reunión anterior, que o convenio xa prevía a aplicación destas disposicións, previstas como cláusulas de revisión salarial e, que o asinado hai que cumprilo.
A reunión finalizou sen acordo, polo que UGT como o resto de organizacións sindicais manifestamos que iamos xudicializar por incumprimento.
O Convenio Colectivo deseñouse cunhas cláusulas de garantía salarial e deben ser respectadas porque forman parte do Convenio. UGT Servizos Públicos reitera que co salario dos traballadores e das traballadoras non se xoga.
Sindicato Nacional de Ensino Privado
XUNTOS PODEMOS MÁIS