Sectores

As empregadas e empregados públicos cobrarán o 0,5% adicional desde o 1 de xaneiro de 2024 consolidable, comprometido no acordo con UGT

UGT Servizo Públicos valora que se faga efectiva a subida salarial do 0,5% adicional dende xaneiro de 2024, consolidable e que será efectiva unha vez quede publicado no BOE o acordo do Consello de Ministros. Este incremento é aplicable ás retribucións vixentes a 31 de decembro de 2023 e culmina os compromisos salariais do acorde actual.

Con este último incremento, o acordo firmado por UGT sitúa a subida salarial no emprego público entre 2022 e 2024 no entorno do 10%. Ademais, se cumpriu e se fixo realidade a recuperación e mellora de dereitos laborais, modernizando e avanzando en ámbitos como o emprego público, a xornada laboral, a incapacidade laboral e a xubilación parcial anticipada para o persoal funcionario e estatutario.

UGT considera que os resultados deste acordo reforzan o papel da negociación colectiva na Función Pública, sendo urxente culminar a clasificación profesional das persoas traballadoras nas distintas administracións.

Por todo iso, e pola estabilidade que supón chegar a acordos para o bo funcionamento da Administración e dos servizos públicos, UGT insta o Goberno a iniciar de inmediato a negociación dun novo Acordo que de continuidade aos avances en áreas esenciais como emprego, dereitos e retribucións para mellorar as condicións laborais do persoal empregado público e os servizos que se prestan á cidadanía.

Este futuro acorde debe garantir non só mellores condicións laborais para o emprego público, senón tamén seguir avanzando na modernización da Administración e dos servizos públicos para responder ás necesidades da cidadanía.

UGT SP insta a todas as Administracións públicas, central, Xunta e local, e aos entes a que apliquen de xeito inmediato tras a publicación no BOE do Acordo do Consello de Ministros, co ingreso en nómina do incremento adicional de todo o ano 2024 e a consolidación en nómina de xaneiro de 2025.

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.