Amosándonos contrarios á taxa de reposición, aceptamos a exposición realizada sobre a mesma na Mesa Xeral previa á Comisión de Persoal, onde se deron explicacións sobre o número de prazas correspondentes, e sendo conscientes de que se trata de taxa imposta pola Lei de Orzamentos do Estado, que impide un número maior ao 110 e 120%, en función de colectivos prioritarios ou non. Pese a iso prodúcese un incremento de prazas de promoción interna que chega ao 75%, entre a ligada á libre e a separada. Así mesmo a promoción interna horizontal, fruto da negociación de UGT, permite a funcionarización do persoal laboral fixo posterior ao EBEP, e por último o anuncio realizado hoxe sobre os criterios da quenda de promoción interna vai a permitir a negociación da súa reformulación.
Atendemos tamén ás explicacións realizadas sobre a oferta de prazas das escalas de bombeiros forestais, nas que quedan pendentes de oferta un número concreto das mesmas.
Por último ofértanse as prazas restantes de funcionarización, tamén produto do Acordo de concertación asinado por UGT.