Acadamos un incremento da última oferta económica: a partir do 2025 as cantidades a aboar por cada dous domingos e/ou festivos se incrementan ate os 160€ para o subgrupo C2 e 180€ para o subgrupo C1
Os sindicatos CCOO, CSIF e UGT comunicamos que vimos de aprobar na Comisión de Persoal o acordo regulador dás condicións de traballo do persoal adscrito a postos clasificados de persoal funcionario do Servizo de Prevención Contra Incendios Forestais (SPIF).
A aprobación do acordo chega logo de que a Xunta de Galicia, na Mesa Xeral de Negociación de Empregados Públicos celebrada con anterioridade á Comisión de Persoal, acéptase a proposta de mellora económica feita polas organización sindicais CSIF, CCOO e UGT, así como a inclusión dunha cláusula que posibilita a súa futura extensión ao persoal fixo descontinuo.
A nova regulación afectará a cerca de 1.500 profesionais, que verán melloradas substancialmente as súas condicións de traballo así como incrementadas as súas retribucións a través do pago de compensacións económicas polos domingos ou festivos traballados.
Este acordo é froito da negociación e o diálogo permanente que UGT, CCOO e CSIF mantivemos aberto ao longo das últimas semanas e meses con todas as partes implicadas na negociación; Secretaría Xeral Técnica, Dirección Xeral de Defensa do Monte e Dirección Xeral da Función Pública.
E mentres nós traballábamos coa presentación de continuas propostas e alegacións, outros non aportaron nada a negociación e ocupáronse unicamente en tentar rebentar o acordo, poñendo incluso en dúbida que puidera afectar ao persoal laboral que ocupa postos de funcionario, ou mentindo e manipulando descaradamente ao persoal dicindo que no acordo teñen que aparecer ás funcións do persoal funcionario, igual que no convenio para o persoal laboral, cando son perfectamente coñecedores de que ditas funcións figuran descritas na Lei 2/2015, do 29 de abril, de Emprego Público de Galicia e calquera alteración do disposto nela sería ilegal. É moi grave que tentaran que o persoal do SPIF perdera a oportunidade de mellorar para favorecer os intereses dun partido político.
EIXES FUNDAMENTAIS DO ACORDO APROBADO
- 7 dias de traballo cada dúas semanas. Secuencia 3-4 (M-J-V/L-X-S-D)
- Xornadas de 10 horas sen prolongacións (salvo incendios nivel 2: máximo dúas horas pagadas)
- Aplicación da xornada semanal de 35 horas en cómputo anual.
- Xornada máxima anual de 1550 horas fronte ás 1665 actuais.
- Máximo 155 días de traballo anuais fronte os cerca de 200 actuais.
- Fins de semana alternos todo o ano e descanso nun mínimo da metade dos festivos anuais.
- Recoñecemento dos días 24 e 31 de decembro como días festivos.
- 27 días laborables de vacacións a desfrutar en calquera época do ano.
2024 (50%) → cada dous domingos e/ou festivos C2: 140€ – C1:160€
- Incremento salarial 2025 (75%) → cada dous domingos e/ou festivos C2: 160€ – C1:180€
2026 (100%) → cada dous domingos e/ou festivos C2: 160€ – C1:180€
PROPOSTA DE ACORDO DAS CONDICIÓNS DE TRABALLO DO PERSOAL FUNCIONARIO DO SPI