
As seis organizacións sindicais con representatividade no ensino concertado tiñamos convocadas para hoxe, día 29, seis caravanas de coches reivindicativas en distintas cidades galegas. 🚗🚗
Ante o loito oficial decretado ata o día 31 polo tráxico accidente ferroviario, e como mostra de respecto e solidariedade coas persoas afectadas, acordamos aprazar as mobilizacións previstas.
A nova data da convocatoria comunicarase oportunamente, unha vez quede pechada. 📅
Trasladamos o noso máis sentido pésame e as nosas condolencias a todas as persoas afectadas por esta traxedia, así como aos seus familiares e achegados. 🖤👥
Grazas pola vosa comprensión e apoio. 🙏
