Sectores

Aperturas listas de contratación persoal funcionario interino das escalas de PSX e Xerocultor


Publicada hoxe, en DOG, a Resolución de apertura de novas listas de contratación para as escalas de persoal de servizos xerais (PSX) e  de xerocultor/a (subgrupo C2).

Solicitantes de inclusión en listas de PSX e Xerocultor/a ao abeiro da Resolución do 7 de marzo de 2019:

  • Están exentas de presentar a solicitude, e de aboar as taxas.
  • Figuran incluídas nunha listaxe que se publicará no portal web corporativo da Xunta de Galicia, http://funcionpublica.xunta.gal, epígrafe «Listas de contratación».
  • Poderán desistir da solicitude presentada no seu día mediante escrito dirixido á Dirección Xeral da Función Pública con anterioridade á publicación das listas definitivas.
  • No suposto de que se presenten varias solicitudes para a inclusión nas listas para o nomeamento de persoal funcionario interino dunha mesma escala, no prazo e forma establecidos na presente convocatoria, só se terá en conta a última.

Ámbito territorial

  • A agrupación de municipios.

Titulación académica:

  • Escala de xerocultor/a:
    • Estar en posesión ou en condicións de obter o título de TCAE ou equivalente ou técnico/a de atención a persoas en situación de dependencia ou equivalente.
  • Escala de persoal de servizos xerais:
    • Graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente.

Solicitudes:

  • Preferentemente:
    • Vía electrónica:
      • A través do formulario normalizado contido no anexo I da Orde do 22 de febreiro de 2021 (DOG do 26 de febreiro) (cód de procedemento AP522T), accesible en: https://sede.xunta.gal
      • Para a presentación electrónica: poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
    • Opcionalmente:
      • Presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na Lei 39/2015.
    • As instancias dirixiranse á Dirección Xeral da Función Pública da Consellería de Facenda e Administración Pública.
    • Prazo de presentación solicitudes: do 30/11/2021 a 20/12/2021.

Documentación:

  • Xustificante de ter aboadas as taxas administrativas ou da exención, total ou parcial.
  • Certificado ou documento equivalente ao Celga 3.
  • No suposto de non ter nacionalidade española, pasaporte e/ou documentación acreditativa de cumprir calquera das condicións previstas no artigo 52.1 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, reguladora do acceso ao emprego público de persoas nacionais doutros Estados.
  • Certificado de discapacidade igual ou superior ao 33 %, para a acreditación da exención da taxa.
  • Vítimas do terrorismo, sentenza xudicial firme ou resolución administrativa pola cal se recoñeza tal condición, para a acreditación da exención do importe parcial da taxa.

Orde de prelación:

  1. Virá dada pola puntuación obtida de acordo co baremo establecido no artigo 9 do Decreto 37/2006.
  2. Para dirimir os empates de puntuación aplicarase o previsto no artigo 10 do Decreto 37/2006.
  3. A actualización de méritos será efectuada anualmente de oficio pola Administración, conforme o previsto no artigo 12 do Decreto 37/2006.

Elaboración das listas:

  1. A comisión permanente de listas será a encargada de elevar á DX Función Pública o anuncio da exposición das listaxes provisionais e definitivas de admitidos e excluídos para a súa publicación no DOG.
  2. As ditas listaxes poderán consultarse:
    • No portal web corporativo da Xunta de Galicia, http://funcionpublica.xunta.gal, epígrafe «Listas de contratación».
    • No Servizo de Atención e Información á Cidadanía a través do teléfono 012.
    • Nas oficinas de rexistro e atención á cidadanía da Xunta de Galicia.

Devolución de taxas:

  • Publicadas as listas definitivas, as persoas excluídas que así o desexen, así como as excluídas por desistir da súa solicitude, disporán do prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da resolución pola que se fan públicas as listas definitivas no DOG, para solicitar a devolución das taxas por dereitos de inscrición..
  • As persoas que desistan formalmente da solicitude formulada no seu día para a inclusión nas listas conforme a Resolución do 7 de marzo de 2019, con anterioridade á publicación das listas definitivas, poderán solicitar en calquera momento do procedemento a devolución das taxas administrativas da forma establecida no parágrafo anterior.

Descargar informa-t

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.