Sectores

Apertura do prazo de inscrición nas oposicións de PTFP


Publicada a ORDE do 15 de xaneiro de 2021 pola que se modifica a Orde do 24 de febreiro de 2020 con respecto ó novo período de inscrición nas oposicións para PTFP. O prazo de inscrición estará aberto desde o 26 de xaneiro ata o 15 de febreiro. 

Na última reunión cos representantes sindicais, a Xunta anvanzara que non ía levar á mesa a nova convocatoria porque entendía que só supón un prazo de apertura para novos inscritos.

Na FeSP-UGT entendemos que se xerarán moitas dúbidas e casuísticas. De momento, só aclaran que as persoas xa inscritas non terán que realizar unha nova solicitude pero si poderán modificar a súa quenda ou os coñecementos de lingua galega. Os méritos baremables, exclusivamente para o PTFP, cóntaranse todos ata finalizar este novo prazo.

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.