Sectores

Listas únicas Agrupación Profesional Escala de Persoal de Limpeza e Recursos Naturais e Forestais, Especialidade de Persoal de Limpeza e Cociña


Publicada hoxe en DOG a resolución que acorda a creación da lista única da agrupación profesional, escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais, especialidade de persoal de limpeza e cociña.

Entre os requisitos que deberán posuír as persoas solicitantes consta o de que no prazo inicial de apertura da lista, o de figurar admitido/a nalgunha lista das categorías profesionais laborais equivalentes, se recollen no anexo I desta resolución:ANEXO I:

Listas de persoal laboral de categorías profesionais equivalentes á agrupación profesional do persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais, especialidade de persoal de limpeza e cociña (anexo do Decreto 165/2019, modificado pola Orde do 10 de marzo de 2021)

Listas de persoal laboral

Lista de corpos e escalas de persoal funcionario equivalentes nos cales se pode presentar solicitude de inclusión en listas

V-1. Camareiro/a limpador/a. Axudante de cociña. Pasador/a de ferro. Costureiro/a. Cortador/a. Lavandeiro/a.

V-11. Limpador/a. Fregador/a. Empregado/a comedor. Empregado/a de cociña-pinche. Servizo doméstico. Mozo/a de limpeza. Pinche de cociña. Persoal de servizos xerais.

Agrupación profesional do persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais, especialidade de persoal de limpeza e cociña.

Non poderán solicitar a inclusión nas listas únicas, ao abeiro desta convocatoria, as persoas que figuren penalizadas o 15 de xullo de 2014 ou con anterioridade a esta data, en todas as listas en que figuren inscritas das categorías profesionais laborais equivalentes ao corpo, escala ou especialidade de persoal funcionario en que instan a inclusión.

  • As persoas interesadas en formar parte das listas únicas deberán presentar instancia, que se presentará

    • Preferentemente por vía electrónica, a través do formulario normalizado contido no anexo I da Orde do 22 de febreiro de 2021 (DOG núm. 39, do 26 de febreiro) (código de procedemento AP522T), accesible, así mesmo, na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

    • Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

  • As instancias dirixiranse á Dirección Xeral da Función Pública da Consellería de Facenda e Administración Pública.

Prazo para a presentación de instancias comezará o día 20 de abril e finalizará o 11 de maio de 2023.

INFORMA-T

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.