Entre os requisitos que deberán posuír as persoas solicitantes consta o de que no prazo inicial de apertura da lista, o de figurar admitido/a nalgunha lista das categorías profesionais laborais equivalentes, se recollen no anexo I desta resolución:ANEXO I:
Listas de persoal laboral de categorías profesionais equivalentes á agrupación profesional do persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais, especialidade de persoal de limpeza e cociña (anexo do Decreto 165/2019, modificado pola Orde do 10 de marzo de 2021)
Listas de persoal laboral |
Lista de corpos e escalas de persoal funcionario equivalentes nos cales se pode presentar solicitude de inclusión en listas |
V-1. Camareiro/a limpador/a. Axudante de cociña. Pasador/a de ferro. Costureiro/a. Cortador/a. Lavandeiro/a. V-11. Limpador/a. Fregador/a. Empregado/a comedor. Empregado/a de cociña-pinche. Servizo doméstico. Mozo/a de limpeza. Pinche de cociña. Persoal de servizos xerais. |
Agrupación profesional do persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais, especialidade de persoal de limpeza e cociña. |
Non poderán solicitar a inclusión nas listas únicas, ao abeiro desta convocatoria, as persoas que figuren penalizadas o 15 de xullo de 2014 ou con anterioridade a esta data, en todas as listas en que figuren inscritas das categorías profesionais laborais equivalentes ao corpo, escala ou especialidade de persoal funcionario en que instan a inclusión.
-
As persoas interesadas en formar parte das listas únicas deberán presentar instancia, que se presentará
-
Preferentemente por vía electrónica, a través do formulario normalizado contido no anexo I da Orde do 22 de febreiro de 2021 (DOG núm. 39, do 26 de febreiro) (código de procedemento AP522T), accesible, así mesmo, na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal
-
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
-
-
As instancias dirixiranse á Dirección Xeral da Función Pública da Consellería de Facenda e Administración Pública.
Prazo para a presentación de instancias comezará o día 20 de abril e finalizará o 11 de maio de 2023.