Sectores

Ampliación do prazo de solicitudes das escalas de persoal de Servizos Xerais e Xerocultor/a


O Servizo de Listas de Contratación Temporal ven de remitir ás OOSS a seguinte notificación ao respecto das solicitudes de inclusión en listas de Persoal de Servizos Xerais e Xerociultor/a:

Comunícase que por Resolución do 10 de decembro de 2021, da Dirección Xeral da Función Pública, amplíase o prazo máximo para presentar solicitudes establecido por Resolución do 23 de novembro de 2021, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se acorda a apertura de novas listas para a incorporación de solicitudes para o nomeamento de persoal funcionario interino do corpo auxiliar da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de persoal de servizos xerais (PSX) e do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de xerocultor/a (subgrupo C2).

Esta Resolución publicarase previsiblemente mañá no DOG do xoves 16 de decembro de 2021.

O dito prazo remata o 23 de decembro de 2021 (en vez do 20 de decembro de 2021).

Descargar INFORMA-t

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.