Sectores

Alegacións proposta modificación RPT Consellería do Mar


Dende UGT reiteramos a nosa posición contraria, ratificada en todas as modificacións de RPT propostas polas distintas consellerías, á amortización de prazas como requisito previo imprescindible para xustificar a creación de prazas novas. Neste borrador que se nos fai chegar preocúpanos singularmente a proposta ofertada pola consellería que afecta a un colectivo de especial interese que é o das traballadoras e traballadores do Servizo de Gardacostas de Galicia. Creemos que estamos ante un proceso de desmantelamento progresivo do mesmo. UGT solicita precisamente a retirada das prazas a amortizar nas unidades operativas propostas pola consellería, e insta a un proceso de achegamento e escoita activa cos responsables das mesmas.

No documento de alegacións poderedes atopar igualmente as aportacións que nos fixestes chegar ao Sindicato.

Coma sempre, reiteramos a nosa total disponibilidade para falar daqueles temas relacionados con este proceso que consideredes de interés

Podedes achegar as vosas aportacións, suxerencias a:

sindicato-uxt@xunta.gal

uxt.sancaetano@xunta.gal

En arquivo adxunto atoparedes o documento de alegacións á proposta de modificación da RPT da Consellería do Mar

 

 

 

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.