Sectores

Alegacións ao segundo documento de cadro de persoal de SEAGA


 

En primeiro lugar realizar unha crítica construtiva ao respecto da presentación do documento, en tanto que en este debera constar separada unha Memoria funcional e unha segunda Económica, ambas debidamente separadas e argumentadas. A proposta é un remix de ambos documentos con falta de acreditación normativa que de fundamento e argumentación que sustente adecuadamente a proposta.

 

Dentro do apartado económico, do que debera formar parte da Memoria Económica, bótase en falta unha referencia básica inicial ao Decreto 119/2012, do 3 de maio, polo que se regulan as retribucións e percepcións económicas aplicables aos órganos de goberno ou dirección e ao persoal directivo das entidades do sector público autonómico.

 

En dita norma regúlase no seu artigo 3, do ámbito obxectivo de aplicación, e de conformidade co preceptuado no apartado e) encadra a Empresa propoñente dentro das sociedades mercantís públicas autonómicas a que se refire o artigo 102 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, como así se recoñece no artigo 1 dos Estatutos da Empresa.

 

                                              ACCEDE Ó DOCUMENTO COMPLETO

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.