Sectores

Adxudicación definitiva do CADP


Na páxina web da Consellería vénse de publicar a Resolución do 2 de agosto de 2022 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se publica a adxudicación definitiva dos destinos provisionais para o próximo curso académico 2022/23 ao persoal dos corpos docentes que non teña destino definitivo na Comunidade Autónoma de Galicia, ao que resulte desprazado por falta de horario, ao que se lle conceda unha comisión de servizos por concellaría, por motivos de saúde ou por conciliación da vida familiar e laboral, ao persoal interino ou substituto e ao persoal funcionario de carreira que solicite o reingreso no servizo activo de acordo co establecido no artigo 37.d) da Orde do 7 de xuño de 2018 pola que se ditan normas para a adxudicación de destinos provisionais (DOG núm. 113, do 14 de xuño) e o punto sétimo da Resolución do 7 de xuño de 2022 (Diario Oficial de Galicia núm. 117, do 20 de xuño) da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos.2B).

Descarga a resolución de primaria

PDF descargas

Descarga a resolución dos outros corpos docentes

PDF descargas

 

O prazo para interpor os recursos procedentes comezará a contar dende a publicación efectiva no DOGA.  

Accede a toda a información

amplía información 1

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.