Sectores

Advertencia ao Ministro Escrivá: Haberá mobilizacións se segue atrasando a creación da Axencia Estatal da Seguridade Social


Fai tres meses que venceu o prazo que a Lei 21/21 deu ao Goberno para aprobar o proxecto de lei da creación da axencia. UGT denuncia que o ministro fai oídos xordos aos sindicatos, ademais de incumprir a Lei.

 

A creación da Axencia Estatal da Seguridade Social expúxose como a mellor alternativa posible para solucionar a grave crise de xestión pola que atravesa o Sistema debido á súa obsoleta organización e ao envellecemento do persoal, entre outros factores.

 

O Goberno comprometeuse á creación deste organismo co obxectivo de agrupar os distintos entes que forman o sistema da Seguridade Social e dar solución aos graves déficits que soporta. O sindicato criticou duramente que o ministro nin cumpra a lei nin responda as cartas que a organización lle enviou.

 

O atraso e a inacción do Ministerio teñen consecuencias prexudiciais para a cidadanía, que se traducen na escasez de citas previas nas oficinas públicas e o atraso do pago dalgunhas prestacións. UGT tachou o incumprimento nos prazos de «desobediencia moi grave» do Executivo. “O feito de que o Goberno deixase de cumprir a lei desbordando o prazo que el mesmo estableceu disipa a confianza no `proxecto.”

 

UGT afirmou que a Seguridade Social e os seus traballadores non aguantan máis demoras nin incompetencias e por tanto a única saída que queda é o conflito social: mobilizacións e paros no propio organismo se o Ministro non responde en setembro o cumprimento da Lei.

 

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.