✍️ CCOO Ensino, ANPE, CSIF e UGT-SP asinamos coa Consellería unha addenda ao Acordo sobre medidas de mellora para impulsar a súa aplicación efectiva e mellorar as condicións de traballo do profesorado.
Que é? Unha precisión técnica para garantir unha aplicación coherente do acordo, sen alterar a súa finalidade nin o contido esencial.
Que se modifica? Elimínase a referencia ás 35 horas semanais, ao non terse producido ese cambio con carácter xeral para todo o persoal da Xunta de Galicia e polo tanto carecer de efectos prácticos.
🎯 O importante agora: abordar a redución do horario lectivo do profesorado en Secundaria, Bacharelato, FP e Ensinanzas de Réxime Especial.
📆 Cando? Efectos previstos xa no inicio do curso 2026-2027.
📌 Calquera medida que afecte ás condicións laborais deberá tratarse na Mesa Sectorial.
➡️ Na comisión de seguimento do Acordoseguiremos avanzando noutras demandas da comunidade educativa: mellor atención á diversidade, menos burocracia e redución progresiva de ratios.

👇ENLACES A:
🔗COMUNICADO CONXUNTO
🔗ADDENDA