Sectores

Actualización das nóminas co incremento do 2% en xullo. Aplicación do Acordo Marco asinado por UGT

Publicada en DOG a Orde pola que se ditan as instrucións sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica para o ano 2024 e se actualizan as contías das retribucións en aplicación do Real decreto lei 4/2024, do 26 de xuño.

UGT no ano 2022 asinaba o Acordo marco para unha Administración do século XXI, no que as subidas acumuladas de 2022 e 2023, e respecto das contías vixentes ao 31 de decembro de 2023 contempla o incremento do 2% dende o 1 de xaneiro de 2024, e falta outro 0,5% adicional xa que novamente se cumpren os criterios para a súa percepción.

A disposición adicional oitava da Lei de orzamentos da C.A. de Galicia establecía que as retribucións do persoal do sector público previstas para o ano 2024 serían obxecto de adecuación ao previsto no Acordo antedito, no momento en que se habilitase pola normativa básica do Estado.

O 27 de xuño do 2024, publicouse no BOE o Real decreto lei 4/2024, que establece un aumento do 2% sobre as retribucións do persoal do sector público, con efectos do 1 de xaneiro de 2024.

UGT solicitou, en días pasados, ao Goberno da Xunta de Galicia a axilización dos trámites necesarios a fin e efecto de que o persoal empregado público vise reflectido nas súas nóminas o acordo asinado por esta organización.

Para actualizar as retribucións, o Goberno dita esta nova orde de confección de nóminas que substitúe a vixente, que habilita o pago cos atrasos na nómina do mes de xullo.