Actualización de méritos lista de contratación temporal

Publicada hoxe no DOG a resolución do 16 de abril de 2026 ,da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se fai pública a actualización provisional de méritos correspondente ao ano 2025 das listas para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia.

Premendo nesta ligazón serás redirixida/o ao DOG

As puntuacións totais das persoas integrantes das listas para o nomeamento de funcionarios/as interinos/as (anexo I) e a dos integrantes das listas para a contratacióntemporal de persoal laboral (anexo II), poderán consultarse no portal web corporativo da Xunta de Galicia:

https://www.xunta.gal/es/funcion-publica/contratacion-temporal

PRAZO DE RECLAMACIÓNS

10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia

PRESENTACIÓN DE RECLAMACIÓNS

Ante a Comisión Permanente (Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, Consellería de Facenda e Administración Pública, Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela).

DOCUMENTACIÓN A ACHEGAR XUNTO COA RECLAMACIÓN

Certificación de servizos prestados na Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia ou en entidades públicas instrumentais do sector público autonómico incluídas no artigo 45.a) da Lei 16/2010, do 17 de decembro, no mesmo grupo, categoría, corpo ou escala, nos termos previstos nos artigos 9.b) e 9.bis.a).1 do Decreto 37/2006, segundo o modelo que figura como anexo III desta resolución

O máis lido