Sectores

Acreditación méritos Lei 20/2021 Concurso-Oposición Admon. Xeral: Corpo Superior/ Admon. Especial: Psicoloxía

Publicada en DOG a Resolución de apertura do procedemento para a acreditación de méritos dos procesos selectivos extraordinarios de estabilización derivado da Lei 20/2021, mediante o sistema de concurso-oposición, seguintes:

Os méritos deberán referirse ao 27/12/2022

(data de publicación da convocatoria no DOG)

PROCEDEMENTO:

Os méritos achegaranse ao expediente persoal electrónico, a través de: https://fides.xunta.gal

O procedemento está establecido na Resolución do 5 de decembro de 2023.

En FIDES comprobaranse os datos que figuran no expediente:

  1. Si estás conforme cos datos consultados, porque os méritos baremables neste proceso figuran no estado de validados, non precisas realizar ningunha actuación.
  2. No suposto de non estar conforme cos datos consultados, por non constaren ou por seren incompletos, debes incorporar a información non rexistrada presentando a solicitude de actualización dos méritos xunto coa documentación acreditativa deles ao abeiro do establecido na Resolución do 5 de decembro de 2023.
  3. Si atopas no expediente electrónico erros nos méritos nos estados de «En Trámite», «Validado», «Duplicado» ou «Descartado»; ou que non se recollese no seu expediente algún período da súa experiencia profesional interna ou figuren erros nela debes presentar alegacións a través de Fides na epígrafe de «inscrición en procesos selectivos», accedendo ao proceso de estabilización desta resolución en que figure inscrito, na epígrafe «que podo facer?», «presentación de alegacións».

SE NON TES MÉRITOS PARA ACREDITAR

NON PRECISAS REALIZAR NINGÚN TRÁMITE

DOCUMENTACIÓN INCOMPLETA:

Os méritos que a 09/10/2024 os atopes incorporados no expediente electrónico no estado «acreditación documental incompleta» debes acreditalos, para iso:

  • Presenta toda a documentación seguindo o establecido nos números 3 e 4 da instrución oitava da Resolución do 5 de decembro de 2023, é dicir:
    • Achegando as copias electrónicas auténticas a través de FIDES, ou
    • Cando non dispoñas de copias auténticas: presentando a documentación de maneira presencial (Rexistros).

PRAZO:

10 DÍAS HÁBILES A PARTIR DO 10/10/24:

  • Para actualizar méritos e a súa documentación.
  • Para emendar o estado «acreditación documental incompleta»

ESTADO DOS MÉRITOS PARA SER BAREMADOS:

  • Os méritos reflectidos no expediente electrónico persoal na epígrafe de experiencia profesional interna e nos restantes méritos no estado de validados serán os que teña en conta o tribunal na baremación do concurso, referidos á data 27/12/2022.
  • Os méritos que incluídos no expediente a 09/10/24 no estado de validados non podes presentalos de novo.

PRESENTACIÓN E ADMISIÓN DA DOCUMENTACIÓN ACREDITATIVA DOS MÉRITOS

  • Si entre a entrada en vigor da Resolución do 5 de decembro de 2023 e a publicación da actual apertura de prazo, solicitaches validación dalgún mérito previamente rexistrado no teu expediente e este se encontre nos estados de «pendente de presentar ou tramitar» ou «en trámite», non terás que presentar novamente a documentación acreditativa de tal/es mérito/s agás a complementaria que resulte necesaria para a súa actualización.
  • Non se terán en conta neste proceso:
    • outros méritos presentados polas persoas aspirantes distintos dos que figuren no seu expediente persoal electrónico ou
    • que se soliciten no expediente ou
    • que se acrediten documentalmente con posterioridade ao prazo dos 10 días establecido no punto cuarto desta resolución.
    • Por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva non se admitirá, unha vez rematado o prazo de acreditación de méritos establecido neste resolución e para os efectos da súa valoración neste proceso, ningunha nova documentación acreditativa de méritos, aínda que consten rexistrados na solicitude de actualización ou modificación do expediente persoal.
    • Exceptúase aquela documentación que, xustificándoa documentalmente neste mesmo prazo, a solicitases ao organismo ou entidade competente e non fose recibida no indicado prazo. Neste suposto admitirase a súa presentación ata o momento da finalización do prazo para a presentación de reclamacións á baremación provisional.

PRIORIZACIÓN DAS SOLICITUDES DE ACTUALIZACIÓN

Dáse prioridade á tramitación das solicitudes de actualización do expediente persoal electrónico que se presenten ao abeiro dos procesos selectivos extraordinarios de estabilización derivados da Lei 20/2021, coa finalidade de axilizar a súa resolución.