ACORDO PERSOAL PNMT ILLAS ATLÁNTICAS

Coa data de hoxe se firmou o acordo para o persoal adscrito ao PNMT Illas Atlánticas, anteriormente a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático convocou ás organizacións sindicais que votaron a favor na Comisión de persoal do pasado 12 de xuño, do Acordo para o persoal adscrito ao PNMT Illas Atlánticas, autorizado polo Consello da Xunta o pasado 16 de xuño, segundo indicaban na convocatoria para sinatura.


UGT valora que en termos xerais o Acordo recolle as achegas realizadas pola Organización, singularmente a equiparación dos niveis dos postos de persoal funcionario creados no ano 2024 adscritos ao servizo Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.

Así mesmo, os tempos de descanso e a organización de traballo interno atendendo ás singularidades do Parque son cuestións relevantes que serán obxecto de seguimento especial por parte da UGT no futuro.


No obstante, hai aspectos que, de seguro van seguir formando parte das nosas reivindicacións na Comisión de seguimento do acordo: a extensión do obxecto e ámbito de aplicación do mesmo ás tripulacións e ao colectivo dos e das guías intérpretes de patrimonio natural, vai ser unha das nosas prioridades a futuro.

O máis lido