O Goberno actualiza (incrementa) no B.O.E. de hoxe os importes dos gastos por desprazamento consecuencia da actividade de prestación de servizos exentos de IRPF, que pasan de 0,19 euros/Km. a 0,26 euro/Km., en cumprimento do Acordo Marco.
Efectivamente, trátase dunha medida incluída na o Acordo Marco para unha Administración do Século XXI (Apartado 9ª) que supón a modificación da normativa que regula a materia, a cal afecta non só aos empregados e empregadas públicas, ao tratarse dunha medida xeral que se estende ao conxunto de persoas traballadoras de calquera sector (público ou privado), pois está referido ao Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF).
Esta medida, que entra en vigor no día de hoxe, supón que o máximo exento a efectos de IRPF en canto a gastos por desprazamento pasa de 0,19 euros/quilómetro a 0,26 euros/quilómetro.
Para a negociación colectiva, convén ter presente o seguinte:
- – Con respecto aos Convenios Colectivos (do sector público ou privado), pódese negociar e acordar o importe que se estime (como ata o de agora), a propósito que ata 0,26 euros/quilómetro, a persoa traballadora non terá que declarar nada a IRPF. O que perciba a partir de dita contía SI tributa a IRPF.
- – En canto ao persoal empregado público, a normativa que regula esta materia en cada Administración Pública, por seguridade xurídica (por exemplo, o Real Decreto 462/2002, do 24 de maio, sobre indemnizacións por razón do servizo, da AGE) debería adaptarse á medida, aínda que non resulta imprescindible, pois a nova norma xenérica, tamén lles resulta de aplicación.
En definitiva, unha medida positiva que contribúe a seguir mellorando as condicións sociolaborais do persoal empregado público e o conxunto das persoas traballadoras. Evidenciándose, unha vez máis, o acerto de UGT SERVIZOS PÚBLICOS ao subscribir o Acordo Marco para unha Administración do Século XXI do 19 de outubro de 2022.