‼️Acordo histórico · FIN da OBRIGATORIEDADE de matricularse e/ou presentarse ás OPOSICIÓNS docentes (para profesorado interino e sustituto consolidado)

‼️ HISTÓRICO: FIN DA OBRIGATORIEDADE TANTO DE MATRICULARSE COMO DE PRESENTARSE ÁS OPOSICIÓNS PARA MANTERSE EN LISTAS

CCOO Ensino, ANPE, CSIF e UGT-SP acadan un acordo histórico coa Consellería que mellora as condicións laborais do persoal interino e substituto e tamén o sistema educativo.

👇VER DOCUMENTO COMPLETO

✅ PUNTO PRINCIPAL: Elimínase a obrigatoriedade tanto de matricularse como de presentarse ás oposicións para manterse nas listas de interinidades e substitucións.

⚠️ IMPORTANTE:
Esta obriga suprímese SÓ para o persoal que teña posto consolidado.
Para o persoal non consolidado ou para incorporarse a listas SEGUE SENDO NECESARIO presentarse ás oposicións.

¿Que supón este avance?

⚖️ Reparto máis xusto: Evítanse distorsións no número de prazas por tribunal.

👨‍👩‍👧 Conciliación real: Fin aos desprazamentos obrigatorios por puro trámite administrativo.

📂 Menos burocracia: Tribunais máis áxiles e centrados en quen realmente busca a praza.

🛡️ Seguridade xurídica: A permanencia na lista queda garantida polo traballo efectivo.

⏰ O cambio farase oficial tras a sinatura da addenda e a súa vindeira publicación no DOG.

Imagen de UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.