Sectores

Acordo C. de Facenda e A.P. – Medio Rural: Xestión de Listas

XESTIÓN DE LISTAS

Mediante o acordo publicado hoxe en DOG, encoméndase á Consellería do Medio Rural determinados actos de xestión das listas de contratación temporal de persoal laboral das categorías que se especifican no anexo I ou para o nomeamento de persoal interino de prazas reservadas a persoal funcionario de corpos ou escalas equivalentes, reguladas no Decreto 37/2006, do 2 de marzo, do persoal da Xunta de Galicia dedicado ás tarefas de prevención de incendios forestais.

A encomenda abranguerá as seguintes actuacións e terán o alcance que en cada caso se sinala:

  1. A organización e a realización da proba física á que deben someterse os distintos integrantes das listas.
  2. A realización dos chamamentos para a cobertura temporal dos distintos postos de traballo reservados ás categorías de persoal laboral dedicadas as tarefas de prevención de incendios forestais que constan no anexo I ou corpos ou escalas de persoal funcionario declaradas equivalentes no anexo do Decreto 165/2019, do 26 de decembro. Para estes efectos utilizarase unha aplicación informática proporcionada pola Dirección Xeral da Función Pública cando este chamamento se realice dende a lista definitiva de admitidos

A encomenda terá un prazo de vixencia de dous anos a partir da súa publicación. Este prazo poderá ser prorrogado por igual período, por acordo expreso das partes que se publicará antes do remate do seu prazo de vixencia

ANEXO I

GrupoCategoríaDenominación
I038Técnico/a superior defensa contra incendios forestais
II039Técnico/a forestal defensa contra incendios forestais
III100Bombeiro/a forestal xefe/a de brigada
IV032Operador/a codificador/a de datos de defensa contra incendios forestais
IV033Bombeiro/a forestal condutor/a de motobomba
IV037Oficial/a 2ª mecánico máquinas defensa contra incendios forestais
V10AVixilante móbil defensa contra incendios forestais
V10BVixilante fixo/a de defensa contra incendios forestais
V10CEmisorista de defensa contra incendios forestais. Escoita incendios
V014Bombeiro/a forestal
V14ABombeiro/a forestal condutor/a
Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.