ÁREAS

Acción de visibilidade «A nosa saúde tamén conta»


UGT Servizos Públicos, dentro da campaña A nosa saúde tamén conta, con motivo do Día Mundial da Seguridade e Saúde no Traballo o 28 de abril, presentamos esta acción para sensibilizar sobre a importancia de integrar a perspectiva de xénero na protección da seguridade e a saúde.

 

Esta acción ten por obxectivo mostrar como o contexto laboral afecta á saúde de mulleres e homes e a necesidade de adoptar medidas axeitadas para a prevención de riscos e a protección todas e todos.

 

Ata hai pouco tempo as medidas que se adoptaban para garantir a protección da seguridade e a saúde tomaban como referencia ao traballador masculino como universal e neutro. Esta pauta provoca a ausencia de datos e evidencias científicas sobre o modo en que afectaban as condicións laborais na saúde das mulleres.

 

Conscientes da necesidade de investigacións que tomen en conta a realidade das mulleres presentamos a acción de visibilidade A nosa saúde tamén conta.

 

Co interese de contribuír en integrar a perspectiva de xénero na seguridade e saúde no traballo propoñemos que durante a semana do 24 ao 28 de abril nos centros de traballo dos servizos públicos se leve a cabo esta acción, para a que achegamos os materiais que podes imprimir e colocar nun lugar visible.

 

1  2  3  4  5

 

Para participar da acción podes:

1.- Descarga e imprime as tarxetas A NOSA SAÚDE LABORAL TAMÉN CONTA, onde achegamos datos e conceptos sobre seguridade e saúde.

2.- Anima a participar a compañeiras e compañeiros dos centros de traballo, repartindo unha ou máis tarxetas a cada persoa.

3.- Cada persoa pode tamén escribir diferentes mensaxes. Podes consultar a publicación IMPRESCINDIBLES Abril as seccións AS TÚAS PALABRAS CONTAN e A REALIDADE EN CIFRAS.

4.- Impresas as tarxetas, busca un lugar visible no centro de traballo onde colocar as tarxetas para que todas as persoas poidan velas e lelas.

5.- Podes subir fotos a redes sociais con #NuestraSaludTbCuenta.

O máis lido

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.