Publicadas hoxe as Resolucións de persoas admitidas e excluídas aos procesos selectivos de acceso libre e quenda de promoción interna das OPEs dos anos 2021, 2022 e 2023 seguintes, convocadas por Resolucións do 22 de xaneiro de 2024:
| ESPECIALIDADE | OPE | PRAZAS | DISCP | P. INT. | 
| SUBGRUPO A1 | ||||
| Bioloxía | 2021 | 14 | 1 | 4 | 
| Veterinarios/as (oposición) | 2022 | 25 | 4 | 14 | 
| 2023 | 30 | 4 | ||
| Veterinarios/as (concurso-oposición) | 2021 | 38 | 5 | 10 | 
| Finanzas | 2021 | 9 | 1 | 5 | 
| 2023 | 8 | 1 | ||
| SUBGRUPO A2 | ||||
| Enfermaría | 2021 | 12 | 1 | 11 | 
| 2022 | 15 | 2 | ||
| 2023 | 15 | 1 | ||
| SUBGRUPO C2 | ||||
| Auxiliar de laboratorio | 2021 | 12 | 1 | 3 | 
| Xerocultores/as | 2021 | 13 | 2 | 4 | 
As persoas aspirantes poderán consultar o estado das solicitudes de inscrición presentadas e a situación como admitidas ou excluídas en fides.xunta.gal.
A listaxe completa de persoas aspirantes admitidas e excluídas, con indicación da causa determinante da súa exclusión, podes consultala en: funcionpublica.xunta.gal.
RECLAMACIÓNS:
- Prazo: 10 días hábiles, a partir do día 8 de febreiro
 - Accedendo á fides.xunta.gal. e realizando as alegacións que consideres oportunas. Só no caso de non ser posible realizar as alegacións por medio desta aplicación informática, deberá realizalas a través do rexistro presencial ou sede electrónica da Xunta de Galicia
 - As persoas aspirantes que dentro do prazo sinalado non emenden os defectos que motivaron a súa exclusión serán definitivamente excluídas.
 
								
											
                                                                      
                                                                      
                                                                      
                                                                      
                                                                      