QUEN PODE SOLICITAR O PASO Á SEGUNDA ACTIVIDADE?
- Persoal traballador fixo e temporal das categorías de bombeiros/as forestais
- Que cumpra ou teña cumprido xa no ano 2025 os 60 anos de idade e que se comprometa a xubilarse á idade legalmente establecida.
- No suposto de ser maior de 65 anos,co compromiso de xubilarse no prazo dun ano despois de concedida a segunda actividade
QUE SUPÓN O PASO Á SEGUNDA ACTIVIDADE?
- Realizar tarefas preventivas ou de apoio loxístico ao Servizo de Defensa contra Incendios Forestais sen vinculación directa á extinción de incendios.
CANDO E ONDE O REMITO A SOLICITUDE?
- No prazo dun mes a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG.
- Á Consellería do Medio Rural. As solicitudes (anexo II) deben ir acompañadas do compromiso de xubilación (anexo III)