Ata o 30 de setembro estará aberto o prazo para que o persoal docente funcionario de carreira do corpo de mestres poida solicitar o recoñecemento de novas especialidades.
As solicitudes poderán cubrirse na páxina web da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos https://www.edu.xunta.gal/datospersoais e a continuación deben presentarse obrigatoriamente na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).
Para consultar se reúnes os requisitos para a adquisición de novas especialidades podes consultar o anexo do Real decreto 1594/2011, do 4 de novembro.
Se necesitas máis axuda atendémoste aquí.