Sectores

Aberto o concurso de traslados para o profesorado de relixión


Ven de publicarse a ORDE do 25 de novembro de 2020 pola que se convoca concurso de traslados entre profesorado de Relixión que presta servizos nos centros educativos dependentes desta consellería.

 

Prazas

  • Ademais das recollidas nos anexos, cubriránse as vacantes que se produzan ata o 31 de decembro de 2020 e as resultas que se orixinen en cada nivel educativo.
  •  O profesorado que non ten un destino definitivo na relación de postos de traballo do profesorado de Relixión aprobada pola Orde do 12 de xuño de 2020 estará obrigado a solicitar todas as prazas vacantes ou de posible resultas nun raio de 25 km desde o que foi o seu centro base de referencia ao centro base dos novos postos de traballo publicado pola Orde do 12 de xuño de 2020.
  •  O profesorado de Relixión concursante polo apartado de dereito preferente á localidade ou localidades, no caso de que omitise algunha das prazas da localidade ou localidades onde desexe exercer o dereito preferente, a Administración educativa, de oficio, consignará as prazas restantes da dita localidade ou localidades.

Forma de participación

  •  As prazas solicitaranse especificando o código do centro base que consta na relación de postos de traballo do profesorado de Relixión aprobada pola Orde do 12 de xuño de 2020 non se fai polo código da praza
  •  O persoal concursante presentará unha única instancia por nivel educativo. No suposto de participar no concurso por máis dun nivel educativo, presentarase unha solicitude por cada nivel en que se participa.
  •  A solicitude cubrirase a través da internet, empregando o portal educativo da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, no enderezo: www.edu.xunta.es/cxt   

Presentación da solicitudes

  • En calquera dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas ou na secretaría do centro educativo en que presta servizos o persoal concursante.

Prazo de solicitudes

  • O prazo de presentación de solicitudes e documentos será de quince (15) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, remata o 7 de xaneiro.

Dubidas e preguntas

  • Coma sempre, estamos á vosa disposición para axudarvos co concurso. Contacta co teu delegado de referencia ou chama ás nosas sedes.

 

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.