
Ata o 21 de decembro estará aberto o prazo para participar no programa de Profesorado Visitante.
Ofértanse  623 prazas en países como Estados Unidos, Canadá, Emiratos Árabes Unidos e Irlanda. Velaquí os requisitos específicos necesarios.
Se che interesa traballar no exterior pero non es funcionario ou non tes tempo para preparar probas, esta pode ser a túa opción. O proceso selectivo céntrase no teu currículum e nunha entrevista persoal.
Para comezar debes inscribirte na sede electrónica do ministerio e completar o teu CV en Profex. 
 
								 
                                                                       
                                                                       
                                                                       
                                                                       
                                                                      
 
				