Sectores

A UGT Servizos Públicos asina o preacordo do Convenio de Ensino Concertado


 

Logo dunha negociación complexa, cunha patronal partindo de importantes recortes e nun marco de pandemia, a UGT Servizos Públicos decide asinar o preacordo do VII Convenio Colectivo de Ensino Concertado.

 

O preacordo demostra que, como defendeu insistentemente UGT desde antes mesmo de empezar a negociación, había marxe suficiente como para evolucionar as condicións de traballo no ensino concertado.

 

Consta de 12 puntos básicos que moderniza, de forma estrutural, o articulado para definir o marco laboral do Ensino Concertado para os próximos tres anos.

 

Son os seguintes aspectos:

  • Ámbito temporal e ultraactividade garantida.
  • Máis dereitos sociais e unha regulación dos permisos retribuídos.
  • Nova excedencia para vítimas de violencia de xénero e proposta de reserva pactada na excedencia voluntaria.
  • Novos prazos nos cesamentos voluntarios para acceder a centros públicos.
  • Rebaixa de xornada laboral do PAS.
  • Nova regulación do contrato eventual para causas excepcionais.
  • Aclaración dos conceptos de vacacións e períodos sen actividade.
  • Creación de novos ámbitos de negociación para sexenios e novos complementos salariais no ámbito autonómico.
  • Modificación dos puntos 7 e 17 do acordo de rexistro de xornada de data 6 de xuño de 2019.
  • Creación dunha Comisión de Traballo para unha nova regulación da xornada de traballo ou clasificación profesional entre outros asuntos.
  • Creación do espazo de negociación autonómica para regular a redución da xornada laboral dunha hora lectiva para o persoal docente maior de 58 anos.
  • Actualización salarial e límite de 3 meses cada ano para asinar as novas táboas salariais.

 

Como debemos valorar estre preacordo? Que perspectivas temos de cara á firma do Convenio? 

 

Todos os detalles no noso Informa-t adxunto.

 
 

 

 

Informa-t: Preacordo

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.