Sectores

Mesa Sectorial 10 de xuño: direccións CFRs e asesorías CAFI, postos de escolarización a alumnado de atención preferente, prazas sometidas a convenio.

Mesa Sectorial

Na próxima Mesa Sectorial do 10 de xuño comezaremos por analizar o borrador do concurso para a selección de postos de dirección dos centros de formación e recursos e asesorías do Centro Autonómico de Formación e Innovación e dos centros de formación e recursos.

Seguidamente, estudarase o borrador do concurso de méritos para mestres para cubrir, en comisión de servizos, postos de escolarización a alumnado de atención preferente.

A continuación, tratarase o concurso de méritos para cubrir prázas en postos sometidos a convenio.

Por último, plantexaremos as vosas consultas.

Adxuntamos a documentación a estudo.

Fainos chegar as túas aportacións a través do liberado da túa zona ou escribíndonos ó correo ensino.compostela@fesp.ugt.org

Borrador da orde do concurso de méritos para cubrir, postos de escolarización a alumnado de atención preferente.
Borrador da orde de direccións e asesorías CAFI e CFR
Borrador da orde de concurso de prazas sometidas a convenio.

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.