
No Día Mundial da Seguridade e Saúde no Traballo, UGT reafirma o seu compromiso coa defensa da seguridade e saúde das persoas traballadoras, e de contornas seguras e saudables como dereito fundamental. O 28 de abril é unha data de recordo de todas aquelas persoas que perderon a súa saúde ou a súa vida no traballo, pero tamén é unha data de reivindicación e de demanda á sociedade de máis atención ante este problema.
Desde UGT vemos necesario que se garanta un punto de encontro entre a innovación no mercado de traballo e a seguridade e saúde das persoas traballadoras. Por iso, deben establecerse marcos regulatorios xustos e éticos que protexan os dereitos da clase traballadora tanto no deseño como na implementación destas ferramentas e impulsen unha formación de calidade en novas tecnoloxías que permita coñecer os seus riscos asociados e as formas seguras de utilización.