Sectores

A Mentira Ten As Patas Moi Curtas. Comunicado conxunto das organización sindicais UGT, CCOO E CIG


UGT, CCOO E CIG non rexeitamos nin o Acordo de Mantemento de Emprego nin as accións reivindicativas para forzar á Consellería a convocar a Tripartita.

Rexeitamos e denunciamos a manipulación e as mentiras da patronal e FSIE!

 

Estes son os feitos: convocados polas patronais, as organizacións sindicais reunímonos varias veces durante o mes de maio e xuño coa finalidade de elaborar un Acordo de Mantemento de Emprego que presentar á Administración. A patronal propoñía reeditar a proposta de 2017, que non era outra cousa que un corta e pega do obsoleto acordo de

2006. Ese acordo basicamente recollía que:

  • Os traballadores e traballadoras de centros en crise teñen a opción de entrar nunha bolsa de recolocación pero renunciando á indemnización por despedimento. Se despois de tres anos non son recolocados, a Administración faríase cargo da indemnización.
  • A patronal pode, ou non, acudir á bolsa de recolocación (non ten obriga de facelo). Se van á bolsa, a persoa traballadora entraría por encima do rateo normal, é dicir, a Consellería pagaría un profesor a un centro por encima das necesidades xa cubertas pola proporción profesor/aula existente.

A FSIE, USO e SNEP, a proposta da patronal parecíalle aceptable e suficiente. Nada que obxectar. A nós parecianos moi insuficiente e por iso presentamos unha alternativa.

No contexto actual entendemos que para conseguir que o Acordo garanta a recolocación, debe recoller a obriga dos centros de acudir á bolsa en todas as situacións de nova contratación. Este foi o principal punto de desencontro.  As  patronais  consideraron  que  esa  era  unha  liña  vermella.  Anunciaron  que  de  ningún  xeito aceptarían a obriga de ter que contratar da bolsa, apelando á súa condición de empresa privada deixando claro que esa opción ten que ser voluntaria para as empresas. As OOSS antes mencionadas aceptaron a proposta patronal, CIG, UGT e CCOO, rexeitámola.

Ademáis, UGT, CCOO e CIG consideramos que para garantir o emprego no sector nos vindeiros anos hai que incorporar novos elementos ao Acordo de Mantemento de Emprego como:

  • A redución de ráteos alumnado/unidade
  • A reposición da xubilación parcial
  • A redución da xornada lectiva

A proposta defendida polas patronais centrábase esenciamente na creación e xestión dunha bolsa de recolocación optativa e primada na que todas as indemnizacións fosen asumidas pola Administración, salvaguardando única e exclusivamente os intereses da patronal. CCOO, UGT e CIG consideramos que hai pouca esperanza de mantemento de  emprego e  recolocación  aceptando este mal acordo que deixa  ás  persoas  traballadoras desprotexidas,  con escasas posibilidades reais de recolocación.

Defendemos  acordos  semellantes  aos  que  xa  se  aplican  noutras  CC.AA  asinados  polas  mesmas  organizacións sindicais e patronais e que llos negan aos traballadores e traballadoras da Concertada en Galicia. Tamén houbo desencontro nas condicións de xestión desa bolsa. Mentras a patronal propón a expulsión automática da bolsa da persoa traballadora que non acepte calquera oferta de traballo, UGT, CIG e CCOO, entendemos que en determinadas circunstancias, como a distancia, parcialidade horaria ou ter menores ou familiares a cargo, se puidese rexeitar unha oferta.  Desde o inicio das conversas apostamos por un escenario de presión en caso de que a Administración rexeitara calquera Acordo de Mantemento de Emprego mentres patronais e FSIE se conformaban cunha nota de prensa “ameazante”.

Nós seguimos apostando pola acción conxunta, outros intentan dinamitala.

Malia   que  non  fomos  capaces   de   consensuar  un   texto   común,   na   última  xuntanza   acordamos  solicitar conxuntamente á Consellería unha reunión da Mesa Tripartita; e así se fixo por dúas veces. Tamén acordamos que se non había resposta, o xoves 16 de xuño volveriamos reunirnos para acordar as medidas de presión a desenvolver. Sorpresivamente esa xuntanza foi suspendida porque FSIE alegou motivos de axenda para celebrala, malia estar acordada e fixada con antelación. Tiñan algo máis urxente que a defensa dos postos de traballo das persoas que nos comprometemos a representar e defender: elaborar un escrito coas patronais e organizar unha mobilización á marxe dos sindicatos de clase.

É incomprensible que tralo esforzo feito e os compromisos acadados de seguir operando de xeito conxunto, o venres

17 de maio as patronais, FSIE, USO e SNEP tomen a decisión unilateral de emitir unha nota de prensa que nin foi consensuada, nin presenta propostas concretas de solución do problema, nin adianta medidas de actuación se a Administración permanece inamovible na súa posición. Fixémoslle saber a nosa discrepancia con esa maneira de proceder e convidámolos a manter unha reunión conxunta.

Como resposta a esa proposta, hoxe 21 de xuño espertamos coa convocatoria unilateral da patronal, secundada polas organizacións sindicais FSIE, USO e SNEP convocando unha concentración do sector en Santiago, da que nin se nos  informou  nin  á  que  se  nos  convidou.  Fomos  CCOO,  CIG  e  UGT  os  que  defendiamos  un  escenario  de mobilizacións; pero para a nosa estupefacción, aos que non lles parecía o momento de mobilizarse agora van detrás da patronal Escolas Católicas e intentan deixarnos ao marxe… Inaceptable!

Respectamos o dereito de cada organización a defender a posición que estime conveniente. Pero non podemos consentir que FSIE nos coloque fóra da defensa dos traballadores e traballadoras do Ensino Concertado cando as organización sindicais de clase puxemos por diante do interese patronal os intereses das persoas traballadoras non aceptando o mísero acordo que propoñen.

Temos propostas para defender os postos de traballo!!!

Nós propomos un acordo de emprego moito máis amplo e ambiciosos e accións máis firmes, contundentes e prolongadas no tempo, que sirvan para presionar á Administración a que se sente cos axentes sociais, negocie medidas efectivas para afrontar o descenso da matrícula e se aproveite a ocasión para, sen case ampliación do orzamento  educativo,  resolver  o  efecto  que  está  tendo  e  terá  a  evolución  da  natalidade  na  matrícula,  na continuidade das unidades e dos postos de traballo.  As Organizacións Sindicais UGT, CCOO e CIG, presentaremos á Consellería de Educación a nosa  proposta de Acordo de Mantemento de Emprego.

Esixiremos a convocatoria da Mesa Tripartita!

Rexistraremos o Acordo de Mantemento de Emprego que lle convén aos traballadores e traballadoras,non o que lle convén á patronal e a FSIE!

O que fai FSIE non é defender ás persoas traballadoras, é manipular con interese electoral!

 

 

 

    Sindicato Nacional de Ensino Privado    

    XUNTOS PODEMOS MÁIS    

 

Comunicado Conxunto das OOSS

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.