Sectores

A Lei Básica de Bombeiras e Bombeiros Forestais continua a súa tramitación logo do traballo de UGT, CCOO e CSIF cos grupos políticos no Senado

Tal como anunciaramos no día de onte, esta mañá o Grupo Popular no Senado retirou as emendas á Lei Básica de Bombeiras e Bombeiros forestais, que retardaban o proceso, debido a que tería que volver ao Congreso, buscar acordos cos grupos, ser votado etc. e que desvirtuaban o texto consensuado e aprobado no Congreso dos Deputados.

A Unidade de Acción que formamos CSIF, UGT e CC.OO. estivemos na Cámara Alta cos senadores Alicia García e Javier Márquez, do Partido Popular, revisando os seguintes pasos de tramitación da Lei na cámara.

Este foi o último “empurrón” a un gran traballo realizado durante estes meses nos que a Lei chegou ao Senado para continuar a súa tramitación. Varios foron os grupos que presentaron alegacións e propiciaron que a Lei puidese sufrir cambios así como desequilibrar a temporalidade e retardar os prazos. Pero este fito non é só cuestión dos grupos cos que traballamos para conseguir retirar as emendas, senón que hai que poñer en valor ao resto de formacións políticas que desde as primeiras reunións mantidas con eles, entenderon e souberon ver a gran necesidade que supón esta Lei para o colectivo, e non presentaron emendas, para que precisamente non retardase nin se empeorase o texto.

As tres organizacións sindicais estivemos desde xullo traballando con todos os grupos, mantendo continuas reunións, videoconferencias e conversacións, para que a nosa lei fose tramitada con maior celeridade e sen sufrir modificacións.
Pero do que realmente estamos convencidos, é que sen a programación de accións e mobilizacións que demostrasen a forza e sentir das e os bombeiros forestais, non fose posible, posto que o apoio de todo o colectivo #ante as medidas que puxemos en marcha, fixeron posible que podamos xa pensar no pleno do 23 de outubro, onde presumiblemente a lei pasará a plenario para ser aprobada.