Convidámoste a participar no CURSO de “PREVENCIÓN DE RISCOS PSICOSOCIAIS EMERXENTES ASOCIADOS Á DIXITALIZACIÓN E NOVAS TECNOLOXÍAS NO SECTOR SOCIOSANITARIO”.
Detalles:
- Do 06 ao 30 de outubro de 2026.
- Duración: 31 horas.
- Modalidade: En liña.
- Custo: Gratis.
Os obxectivos xerais do curso son os seguintes:
- Dotar aos participantes de conceptos básicos sobre seguridade e saúde no traballo, adaptados a contornas dixitalizadas.
- Capacitar as persoas traballadoras do sector sociosanitario na identificación e avaliación de riscos laborais asociados coa dixitalización e a automatización.
- Promover unha cultura organizacional baseada no benestar e na prevención.
- Analizar o impacto dos riscos emerxentes psicosociais nos profesionais do sector sociosanitario así como as medidas preventivas.
- Proporcionar medidas preventivas e de seguridade específicas para reducir os riscos en contornas dixitalizadas, con especial atención nos riscos psicosociais emerxentes.
- Fomentar unha cultura de seguridade e promover a comunicación efectiva en contornas laborais dixitalizadas.
O programa que se levará a cabo no curso será o seguinte:
- TEMA 1. INTRODUCIÓN: CONTEXTO ACTUAL DA TRANSFORMACIÓN DIXITAL. IMPACTO NOS RISCOS LABORAIS.
- TEMA 2: IDENTIFICACIÓN E AVALIACIÓN DE RISCOS LABORAIS EN CONTORNAS DIXITALIZADAS.
- TEMA 3. A ERA DIXITAL E OS NOVOS RISCOS PSICOSOCIAIS.
- TEMA 4. ESTRATEXIAS PSICOSOCIAIS PARA A PREVENCIÓN MELLORA DO CLIMA E O BENESTAR SOCIAL NO ENTORNO DIXITAL.
- TEMA 5. RECOMENDACIÓNS: ACCIÓNS PARA MANTER A SAÚDE MENTAL E EMOCIONAL.
- TEMA 6. A PRESPECTIVA DE XÉNERO E A SÚA INTEGRACIÓN NA PREVENCIÓN E PROMOCIÓN DA SAÚDE NO USO DAS NOVAS TECNOLOXÍAS.
- TEMA 7. ACOSO SEXUAL E POR RAZÓN DE SEXO NO CENTROS SOCIOSANITARIOS..
- Preme aquí para inscribirte!
Para máis información contacta con nós no Teléfono 981.563.252 en horario de 08.00 a 15.00 horas de luns a venres.
Non te perdas esta oportunidade de fortalecer os teus coñecementos e protexer a saúde de todos!
