Mesa Xeral: proposta de creación do cadro de persoal de investigación de carácter laboral nos organismos de investigación da administración da Comunidade Autónoma de Galicia

A DXEPAP enviou unha Memoria Funcional coa proposta de creación do cadro de persoal de investigación de carácter laboral nos Organismos de Investigación da Comunidade Autónoma de Galicia na que logo de listar todas as unidades e organismos públicos de investigación, concreta en:

19 centros ou entidades afectadas polo novo cadro de persoal

167 postos/ 4 R4/ 64 R3/ 32 Técnicos senior/ 67 técnicos superiores

Obxectivo: identificar postos con funcions Decreto 12/2024 e modificar RPT ou cadro de persoal ou instrumento de ordanción de orixe, de non ter, pediron as convocatorias dos postos.

Como se procedeu: Outubro de 2024 GAIN solicita as Consellerías e entes relación de postos con funcións de investigación, se euniron coas Consellerías e en decembro  2025 solicitan datos as Consellerías para diferenciar R3 de Técnico senior.

Quen se pode reclasificar voluntariamente: persoal fixo, que segundo establece o Decreto terá retribucións de grupo I e resto e conceptos do posto será segundo o Decreto 12/2024 : Subdirector si é R4, xefe de servizo si é R3 ou técnico senior, e de xefe de sección si o posto é de técnico superior.

Repiten e sosteñen GAIN e DXEPAP que se trata de postos e non de persoas nin de curriculums de persoas, e que son os postos que lle remitiron os Centros e as Consellerías.

O limite de 4 R4 cando hai 19 entidades afectadas, a vista do cadro de persoal proposto, deriva de que se adxudica a Direccións de centro e R4 equivale a rango de Subdirector. Polo tanto o contido do artigo 24.3 queda limitado a dirección de centros, e non contemplan R4 por  liderar, dirixir e coordianar grupo de investigación, plataforma ou rede….nun centro creado en maio onde non hai postos a reclasificar se crea un R4 dos 4 que aparecen no total (preguntamos e non hai ocupante a reclasificar). 

Os postos vacantes se cubriran segundo establece o Decreto, e segundo parece o Decreto xa o aclara todo.

Que nos centros, as persoas traballadoras teñan diferentes regulacións, non será un problema?????????

Logo de facer unha queixa e discrepar do tratamento que se está a dar o persoal investigador, con estas formas, manifestamos que:

UGT considera que a memoria funcional de proposta de creación do persoal investigador laboral da Xunta foi elaborada sen a negociación e participación sindical esixidas pola normativa nos centros nos que hai órgano de representación propio, o que podería supoñer un defecto grave no procedemento.

UGT denuncia posibles erros na identificación e clasificación dalgúns postos, a falta de información nos centros e a escaseza de prazo para presentar alegacións, e que logo de 2 anos de demora se faga esta proposta en pleno período de vacacións do persoal afectado.

UGT lamenta que non houbera unha Mesa por Consellerías previa a Mesa xeral como se fai en RPT (respostan que esto é un cadro de persoal xeral e non procede por Consellerías).  (no obstante GAIN si se tivo que reunirse por Consellerrias segundo informou).

UGT critica o escaso prazo e falla de documentación como é a memoria económica (segundo parece é  onde se verá a aplicación das retribucións coas que todo o persoal que opte gañará máis).

Por todo iso, UGT enviou escrito antes do inicio da mesa no que se solicitaba:

  1. A apertura dun prazo de revisión nos centros. 
  2. Establecemento dun calendario para valorar as actas de xuntanza dos centros con órganos de representación, ou por consellerías para os centros adscritos.
  3. En consecuencia, adiar ao mes de setembro a convocatoria dunha nova Mesa Xeral na que se achegue a documentción dos dous puntos anteriores e o resultado da revisión de todas as reclamacións que adxuntamos co referido escrito.

Rematados todos os turnos de palabra, quedaron en completar documentación  (memoria económica) e ampliar prazo de alegacións ata o martes 28.

O máis lido