Sectores

Eleccións de destino de Escalas Sociais

  • CODIGOS

Segundo estableceu a Resolución do 3 de xullo publicada o 7 de xullo, onte era o primeiro día dos dous habilitados para que Función Pública enviara os codigos de acceso para elixir as prazas para destino definitivo. Non temos confirmación de que si se envian ou non hoxe.

  • ERROS

Estanse depurando pero descoñecemos o alcance de dita depuración, que aparezan persoas xubiladas ou falecidas como xa ten pasado corren listas, o que nos preocupa é a depuración de erros en postos que tal e como aparecen non se corresponde coa RPT e cercena dereitos de participación segundo o grupo e especialidade que excluen.

  • QUÉ SE FIXO EN ANTERIORES OCASIÓNS

Téñense realizado numerosas, miles xa, eleccións de destino, publicáronse correccións de erros, neste caso é indudable que se fará, en anteriores ocasións a Resolución de corrección de erros publicouse o primeiro día de prazo para elección de destino.

Número DE PRAZAS OFERTADAS

Como xa informamos en anos anteriores, UGT solicitou eliminar da Lei de medidas a referencia a que se ofertan un número de “prazas suficiente para as tomas de posesión das persoas aprobadas”, pero a Lei aprobou e ratificou o criterio de sempre de non ofertar toda as vacantes.

De feito estanse convocando en todas as administracións e resolvendo xa algunhas OPE de Decreto de oferta de emprego de 2023,2024, 2025 e 2026. 

  • CONCLUSIÓN

Non hai dúbida de que haberá Resolución de corrección de erros e dende logo si hoxe non se reciben os códigos, a DXEPAP terá que incluir nesa Resolución unha ampliación de días para a recepción de códigos e a partir de ahí o novo prazo de 3 días hábiles para elección de destino definitivo.