A DXEPAP DICTA E ENVIA o pasado 23 de xuño, Protocolo cos criterios de actuación para xestionar de maneira ordenada os cambios de persoal na Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, derivados dos concursos de traslados e dos procesos selectivos, que difundimos íntegramente o mesmo martes 23.
A continuación resumimos o seu contido:
Finalidade: garantir a continuidade e a calidade dos servizos públicos, reducir o impacto organizativo da mobilidade de persoal e asegurar a correcta transmisión de coñecemento.
Estrutura: fase previa de organización, na que se identificanelevada rotación, funcións críticas atención directa, e se planifican e priorizan tarefas esenciais; fase de transición, na que se adoptan medidas trasmisión do coñecemento para facilitar a incorporación e a continuidade dos servizos.
Medidas de flexibilidade, incorporación e prazos
- Apoio do persoal saínte tras a incorporación: unha vez que o novo persoal toma posesión, o persoal que prestaba servizos na unidade poderá continuar colaborando durante un máximo de 3 días hábiles, de maneira presencial ou telemática, para garantir a adecuada transmisión de coñecemento.
- Comunicación intensiva na fase incial: establécese unha colaboración activa, especialmente durante a primeira semana de incorporación, mediante comunicación telefónica ou telemática entre o persoal saínte e o entrante para resolver dúbidas e facilitar a adaptación.
- Asignación progresiva de tarefas: durante as primeiras semanas, aplicarase flexibilidade organizativa mediante unha distribución gradual das tarefas, adaptada ás características do posto e do novo persoal.
- Posibilidade de diferir o cesamento: por necesidades do servizo, o cesamento do persoal poderá diferirse ata 20 días hábiles, co fin de asegurar a continuidade na prestación dos servizos públicos.
Prazos clave:
- Ata 20 días hábiles → posible diferimento do cesamento
- Primeira semana → maior intensidade de comunicación e apoio
- Ata 3 días hábiles tras a incorporación → apoio directo do persoal saínte
- Primeiras semanas → adaptación progresiva e distribución gradual das tarefas
Seguimento: as unidades deben supervisar a adaptación do novo persoal, comunicar incidencias e propoñer medidas correctoras para asegurar o funcionamento eficaz dos servizos públicos.
