1. Coeficientes redutores
A Consellería indicou que, segundo informes internos que non aporta, non resulta de aplicación o RD 817/2025, do 16 de setembro, polo que se modifica o Real Decreto 383/2008, do 14 de marzo, polo que se establece o coeficiente redutor da idade de xubilación en favor dos bombeiros ao servizo das administracións e organismos públicos.
O persoal da escala de enxeñeiros de montes e de enxeñeiros técnicos forestais está integrado no Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia 2026 (PLADIGA), teñen EPIs, fagn labores de prevención, actuan como directores de extinción… pero a Conselleria non contempla a posibilidade de incluilos no persoal. Refiren que a competencia radica no Ministerio de Inclusión, Seguridad Social y Migraciones para que desenvolva unha normativa propia, e a Consellería se limita a indicar que nos apoia nun futurible recorrido para acadar unha norma estatal.
Polo tanto, négase a posibilidade de aplicar a normativa existente para bombeiros, a pesar de que o colectivo realiza funcións ligadas ao PLADIGA, incluíndo labores de prevención e dirección de extinción.
2. Unidade de análise e planificación de incendios
A Consellería limitouse a indicar que antes de creala nunha RPT precisa que o persoal técnico mostre a súa dispoñibilidade, esto é, que o persoal que ocupa plazas dotadas orzamentariamente se adique a traballar nunha unidade que non existe. Non se pode falar de unidades futuribles; esta ten que seguir os caudes ordinarios para a súa creación: negociación dunha relación de postos de traballo.
3. Convocatoria de concurso específico de 19 postos de xefatura de distrito forestal
Simplemente indicaron que ao final da tempada de alto risco (novembro) iniciarían os contactos coas OOSS para acadar unas bases específicas e sacar só as plazas da provincia de Lugo. Non vaia ser que saquen todas dunha vez como sí está facendo A Consellería de Facenda cos seu postos de concurso específico.
4. Condicións de traballo e nivel dos postos
Solicitouse que todos os postos de enxeñeiros forestais tivesen un nivel mínimo 25 e que fosen incluídos no acordo de condicións laborais do persoal A1 e A2. A resposta da Consellería foi negativa, alegando limitacións orzamentarias, polo que os postos base manteranse no nivel 20. En canto á inclusión no Acordo, indicouse que se realizará de forma “inmediata” pero pendente da aprobación dunha nova RPT aínda non presentada.
5. Comisión de seguemento do acordo
Sobre a reunión da comisión de seguemento do Acordo sobre as condicións de traballo do persoal funcionario pertencente aos grupos A1 e A2 da Xunta de Galiza do servizo de prevención e defensa contra incendios forestais, a Consellería mostrouse contraria a celebrala de forma inmediata e trasladou a súa convocatoria para despois da tempada de alto risco. Ante o noso reiteramento para a súa convocatoria, indicaron que tiña que estar presente personal da Dirección xeral de planificación e ordenación forestal Isto interprétase como unha dilación da negociación e falta de vontade no momento actual.
6. Axudas por manutención
En relación coas axudas por manutención vinculadas ás gardas extraordinarias de 12 h de presenza física e 12 de de garda localizada, a Consellería afirmou que non foran solicitadas previamente, afirmación é falsa xa que se fixo dita petición, e así constaría si houbera acta.
7. Conclusión
A Consellería de Medio Rural non ten vontade real de negociación coa escala de enxeñerias forestais e limítase adiar todo logo da tempada de alto risco, Rematou a reunión sen compromisos concretos nin avances significativos e sen o ofrecemento dunha nova data de reunión.
